Presentación


Benvida ao novo  ciclo

Ola!
Chegou setembro. Un novo curso, un novo ciclo.
Xa estamos en 5º de Primaria, o primeiro curso de terceiro ciclo.
Como todos os anos, os nervios do primeiro día afloraron pensando en que clase nos colocarían,  que profesoras e profesores nos darían , se seguiríamos cos mesmos ou tiñamos que coñecer novas e novos compañeir@s...Menos mal que seguimos xunt@s case toda a clase de cuarto, aínda que é unha  mágoa que non nos acompañaran tres dos nosos compañeiros do curso anterior. Pero como chegou un novo alumno,  Daniel que ven  de Brasil, case somos tantos coma no curso de cuarto.
Nestes dous anos que temos por diante, debemos  prepararmonos para o cambio de etapa, a Secundaria. Reforzaremos e ampliaremos o que levamos aprendido nos cursos anteriores. Algunhas cousas serán novidosas pero non por iso teñen por qué ser máis difíciles, simplemente, ao principio, nos parecerán máis  complexas pola novidade.
Nos vindeiros meses iremos  enchendo as páxinas do noso blog publicando o que esperamos deste curso, as actividades que iremos realizando e todas aquelas cuestións  que consideremos sexan interesantes para poder compartir entre tod@s.

Nenhum comentário:

Postar um comentário