sábado, 1 de março de 2014

Chegou o entroido!!!

CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!

                                   
Este ano subiu un barco polo río Tea cunha tripulación ben curiosa: @s piratas do Bouza Brey!!!

Un ano máis chegou o entroido ao Colexio Fermín Bouza Brey. Coma todos os anos, durante toda a semana obedecemos as ordes do MECO e cada día viñabamos disfrazad@s con algo novo

Coméntannos que veñen con moitas ganas de dicirlle catro cousiñas ao MECO moi doadas de ver.
A ese ministro en Madrid!! ( Hai que Wert, hai que Wert!)
un recado lle imos dar:
Queremos  que o ensino sexa
laico, público e universal
"Estamos moi cabread@s porque levamos reclamando un arranxo dende hai moito tempo para este centro e por riba, segue a ser o único colexio da vila sen patio cuberto e cando chove, mollámonos coma pitos nos recreos ou non se poden facer actividades ao aire libre, cando non cabemos no ximnasio..."-Declaraban fontes achegadas a tripulación.

Quedaron moi chafad@s porque se suspendeu o desfile e non puderon cantar as coplas que lle tiñan preparadas para o  MECO. Malia isto,vimos que non deixaban de brincar e bailar no patio ao ritmo da música.