segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Setembro, de volta a clase
Redacción colectiva

Setembro un mes cheo de cambeos. Remata o verán e comeza o outono.Rematan   as vacación e deixamos atrás os días de  praia para comezar  de novo as clases.
Volvemos ao colexio cun novo curso por diante, e nesta ocasión coincide tamén co inicio dun novo ciclo, o terceiro. Algunh@s de nós, a  soa idea de pensar  na volta ao cole, facíanos  tremer de inquedanza polas novidades coas que nos íamos atopar: nova aula, novas e novos  profesores e  compañeir@s.

O mes de septembro é un mes donde se mestura a diversión e o traballo. Por un lado temos que  volver madrugar, estudar , facer os deberes… pero por outro tamén nos divertimos coas primeiras chuvias saltando nos pochancas; xogando nos recreos a vellos e novos xogos, aprendendo novas cancións, facendo prácticas no laboratorio…, (é divertido facer prácticas no laboratorio).

É tempo de colleita, da vendima, de recoller o millo.Comeza a temporada dos froitos de outono,sobre todo dos secos, das castañas, das  avelás e das noces. Algunhas árbores van perdendo as follas, e a paisaxe comenza a encherse de cores cálidas…

En setembro  xa se nota  como os días van minguando e as noites van medrando. Xa  se sinte  o frío das mañás e da noitiña, polo que hai que sacar do armario as primeiras prendas de abrigo, as botas, os paraugas e bufandas; pero polo día é moi  agradable xogar no parque e  deixarse acariñar polos primeiros raios de sol do outono.